Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O BNG de Outeiro de Rei critica as obras de apertura dunha nova rúa

Por 10 Novembro, 2020Sin comentarios

O BNG de Outeiro de Rei critica as obras de apertura dunha nova rúa - 1O BNG de Outeiro de Rei vén de comunicar o seu rexeitamento ás obras feitas polo Concello para “abrir unha rúa nova polo centro de Outeiro”.

“É a mellor metáfora do que o alcalde está a facer”, din dende o BNG, “cremos que hai moitos lugares e moitas persoas que necesitaban eses fondos, pois a necesidade de solares non é tan importante como para investir esa cantidade inxente de cartos en abrir unha rúa nova”.

“Estas obras tamén representan moi ben a forma de actuar do alcalde xa que se tiran muros e paredes de pedra tradicionais que fixeron os nosos antepasados para facer paredes de ladrillo recebadas con cemento. É a práctica habitual neste concello baixo o mando do señor Pardo”, din dende o partido nacionalista.

“E mentres tanto, súbennos as taxas da auga e do lixo, das actividades de ocio ou da recollida de árbores caídos. En fin, son decisións políticas e cada un ten as súas prioridades”, rematan dicindo.