Bonos consumo Vilalba

Soben os casos activos pero baixan os novos contaxios

Soben os casos activos pero baixan os novos contaxiosA situación do coronavirus na provincia parece estar máis controlada que fai uns días e malia que volveron aumentar os casos activos, con 32 máis malia que os novos contaxios suman 42, unha cifra inferior á rexistrada en días pasados. Outra das consecuencias do aumento de casos activos foi o feito de que só se sumaron 19 altas.

Deste xeito, xa son 1.148 os casos activos na provincia, 3.782 os curados e 5.034 o balance total da incidencia da enfermidade. Tamén son 105 as persoas que perderon a vida, unha máis dende onte.

Segue aumentando a presión hospitalaria e xa son 63, catro deles ha UCI, a mesma cantidade que onte. No HUla segue a ter 33 persoas ingresadas, 19 están na Mariña e 7 en Monforte. O crecemento dos ingresos foi nestes dous centtros, na costa dous e no sur catro máis.

No mapa de alertas, só se produce un cambio, Burela, deixa de estara en alerta vermella e pasa a laranxa e As Pontes volve á normalidade mentres o resto seguen igual. Lugo, Cervo, Viveiro e Chantada segen en vermello, Monforte e Sarria, en laranxa en no nivel amarelo están Monterroso, Carballedo, Outeiro de Rei, Palas, Guntín, O Corgo, Castroverde, Foz e Valadouro.

GALICIA

A situación en Galicia mellora por terceiro día consecutivo ao reducir os casos activos ao rebaixar o número de casos novos por covid-19, que foron 383. Tamén conseguiu estabilizar o número de ingresados en UCI, con 95 persoas, unha máis que o día anterior.

Deste xeito, o Sergas informa que son 9.952 os pacientes con infección activa, 63 menos que no anterior reconto.

O número de falecidos, tras os 21 comunicados na tarde de onte, entre os que se actualizaron as cifras da fin de semana, supera os mil desde o inicio da pandemia, ata os 1.009.

Por outra bnada, nos hospitais galegos hai 514 persoas ingresadas en planta (3 máis); mentres que na UCI hai 95, cinco pacientes máis que os rexistrados onte luns, un máis, polo que a presión asistencial parece estabilizarse. As persoas que se curaron suman 31.573, 425 máis.

A Coruña e Lugo experimentan lixeiros ascensos nos casos activos, con 21 e 32, respectivamente, mentres que descenden nas outras cinco zonas.

Os casos novos aumentan lixeiramente en Ourense e de forma moderada en Vigo. No resto de áreas o aumento de casos novos é inferior ao día anterior.

Ademais, hai 43 municipios en alerta vermella pola incidencia acumulada de contagios no últimos sete días, o mesmo número que o luns e entre os que xa non están nin Santiago nin Ourense, dous das sete principais cidades cuxas áreas seguen suxeitas a restricións de mobilidade e de actividade.

Etiquetas