Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Escollidos os gañadores do certame infantil da Tasca do Liño

Por 12 Novembro, 2020Sin comentarios

Escollidos os gañadores do certame infantil da Tasca do LiñoA asociación Mulleres de Insua xa fixo pública a lista de gañadores do seu certame anual de poesía e debuxo, que se fai coincidir coa Tasca do Liño, que este ano non se puido celebrar por mor da covid-19.

Así, no certame de debuxo a gañadora foi Tania Prado Teijido seguida de Andrés Maceira Vilasuso e Helena Hang Fernández Quintela.

No certame de poesía o primeiro premio foi para María Álvarez Martínez, o segundo para Emilia Martínez Fuentes e o terceiro correspondeu a Manuel Rubiños Ferreiro.

Segundo indicou a asociación, os premios entregaranse cando a situación sanitaria o permita.