O Concello licita o proxecto de mellora da Edar de Castro Ribeiras de Lea

O Concello licita o proxecto de mellora da Edar de Castro Ribeiras de LeaO Concello de Castro de Rei iniciou o proceso de licitación do proxecto de ampliación e mellora da eficiencia enerxética da depuradora (Edar) urbana de Castro Ribeiras de Lea.

As obras están financiadas cunha subvención do Idae de axudas a proxectos singulares das entidades locais que favorezan o pasao a unha economía baixa en carbono. Esa axuda significará o 80% do custe total do proxecto, que ten un orzamento de 1.369.733 euros. O resto estará ao cargo dos fondos propios do Concello.

Segundo explica o alcalde Francisco Balado, a finalidade do proxecto consiste en reducir os verquidos, mellorando a calidade da deputación das augas residuais, duplicar a capacidade da depuradora, pasando de 350 metros cúbicos ao día a 700, e mellorar a eficiencia enerxética, transformando o reactor biolóxico existente nunha canle de decantación primaria e instalar dúas novas liñas de tratamento biolóxico, unha por cada 1-500 habitantes, así como un decantador troncocónico, o que permitará duplicar a capacidade da planta.

“Dende o Concello de Castro de Rei, valórase moi positivamente a concesión da subvención para esta finalidade, sobre todo de cara  evitar verquidos da depuradora que en moitas ocasións non podíamos controlar por falta dos mecanismos de depuración axeitados”, engade o alcalde.

Etiquetas