--->https://galiciaxa.com/?p=78730 Rematan as obras no parque Profesor Río Barxa de Meira - Terrachaxa.com

Rematan as obras no parque Profesor Río Barxa de Meira

Rematan as obras no parque Profesor Río Barxa de MeiraRemataron estes días en Meira os traballos de renovación do pavimento na senda peonil na área recreativa Profesor Río Barxa, situado no centro da vila.

Estas obras, que tiñan un orzamento de final de 44.214,74 euros, executáronse con cargo ás subvencións do Fondo de Compensación Ambiental. Estas obras, que tiñan un prazo de execución de dous meses, remataron no tempo previsto.

As obras consistiron na renovación do firme dos paseos, a construción de dous novos accesos máis a reposición do escudo que hai no centro do parque.

Estas obras leváronse a cabo polos problemas que tiñan os peóns na zona, xa que o pavimento que había levantábase e era moi esvaradizo, en especial en tempos de choiva e trala caída das follas.

“Este parque está sendo moi utilizando polos veciños e non queremos entorpecer o seu tempo de lecer e de exercicio por iso puxémonos con esta obra que quedou moi ben con pavimento rugoso que xa probamos nun tramo con moi bon resultado tanto para evitar caídas como polo seu mantemento”, explica ao alcalde en funcións, Agustín Méndez.

 

Etiquetas