Skip to main content
ActualidadeGuitirizSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

O Sicted aproba una distinción para tres novos establecementos de Guitiriz

Por 13 Novembro, 2020Sin comentarios

O Sicted aproba una distinción para tres novos establecementos de GuitirizA Casa Habanera de Guitiriz acolleu a reunión dos membros da Mesa de Calidade do Sicted (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino), co obxectivo de aprobar as avaliacións das distintas empresas participantes para obter o distintivo de calidade.

Así, a Mesa aprobou por unanimidade a distinción de tres establecementos que se adheriron este ano a este programa: Parga Rural Alojamiento, Casa Don Lino e Taberna Modia; sendo os dous primeiros aloxamentos empresas de nova creación.

A Mesa de Calidade está composta por un representante de cada sector: bares, comercios, restaurante, taxi e a oficina de turismo; así como cargos políticos como a alcaldesa, Marisol Morandeira; a concelleira de Turismo, Pilar Vázquez; a deputada provincial de Turismo, Pilar García Porto; e o xefe de área de Xestión de Calidade de Turgalicia, Enrique Pérez Etchevarría.

Os membros da Mesa aprobaron tamén por unanimidade o paso ao Ciclo 2, coa súa correspondente distinción, dos seguintes establecementos: Taxi Ángel Neira, Protección Civil e Café Bar Recreo; e a ciclo 3 Camping El Mesón e Parrillada El Merendero. Por outra banda, os establecementos que están en Ciclo de Seguimento e Renovación son: a Oficina de Turismo, Panadería David, Panadería La Esquina, Restaurante La Casilla, Bar O Korreo, Bar Cit e Bar Xoldra.

EXCELENCIA NO CAMIÑO

Este ano o Sicted enmárcase nun proxecto máis ambicioso: “Excelencia no Camiño”, financiado pola Xunta de Galicia a través de O Teu Xacobeo. Este proxecto está encamiñado á consecución da excelencia na calidade no Camiño do Norte ao seu paso por Guitiriz.

Para iso, está a levarse a cabo un arduo traballo en colaboración coas empresas do Concello que se atopan no círculo de consumo do peregrino e do turista.

Así mesmo, dentro do Grupo de Mellora formado polas diferentes empresas participantes no SICTED, estase a traballar no desenvolvemento de accións relativas á mellora dos servizos ofertados aos peregrinos; tendo recibido formación no eido de tendencias como os Camiños de Santiago menos concorridos, o turismo de natureza e a ecoloxía, os produtos locais e a comercialización directa.

Tratáronse tamén as melloras realizadas entre os establecementos participantes, fundamentalmente relacionadas coa implementación de novos servizos para os peregrinos.

A alcaldesa, Marisol Morandeira, aposta por “continuar traballando en prol da calidade de forma conxunta entre o sector privado e o público para conseguir diferenciarse de destinos similares grazas á ‘Calidade’ como elemento diferenciador, xa que somos o único Concello da provincia de Lugo que ten este distintivo”.

A empresa de consultoría Avivae Solucións Estratéxicas S.L. é a adxudicataria da execución dos traballos de asesorías individuais, formación e elaboración de fichas dos establecementos en relación ao Camiño de Santiago.