Bonos consumo Vilalba

O Insua Bermúdez entrega os galardóns do concurso de Samaín

O Ceip vilalbés Insua Bermúdez fixo entrega estes días dos agasallos correspondentes aos gañadores do concurso de debuxo e relato organizado con motivo do Samaín, concurso de se celebrou por primeira vez neste centro.

Así, os de primeiro e segundo participaron na categoría de debuxo e os maiores fixérono na de relato.

Unha vez reunido todo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega decidiuse galardonar cun diploma, un detalliño e un colar de castañas ao mellor traballo por niveis, que foron de primeiro a sexto, Lorenzo Pintor Fato, Aroa Gómez Díaz, Noa Fernández Mera, Mario Fraga Rodríguez, Matías Morandeira Fraga e Tania Prado Teijido.

En infantil o xurado asegurou que “non fomos quen de elexir porque todos eran estupendos”, así que toda a aula recibiu un libro de agasallo. No ovo foir para a clase de 4º de, Cocorico para a clase de 5º de EI e Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis para os maiores.

Etiquetas