Skip to main content
ActualidadeRiotorto

O Concello de Riotorto acomete obras por valor de 202.000 euros

Por 10 Novembro, 2020Sin comentarios

Val-Riortoro

O Concello de Riotorto iniciou xa algunhas das obras previstas para este ano con cargo ao Plan Único da Deputación, obras que terán un orzamento total de 202.212 euros e que se destinarán principalmente ao asfaltado de camiños e accesos.

Así, xa rematou a obra de acceso aos núcleos de Val, Mundín, Lourido e Cachán, que teñen un orzamento de 51.644 euros, dos que o Concello aporta 6.644.

Tamén se rematou o proceso de mellora dos accesos ao núcleo de Moxueira, que ten un orzamento total de 34.400 euros, dos que o Concello aporta 8.400.

O resto de obras, tal e como informou o alcalde, Clemente Iglesias, desenvolveranse despois do Nadal. Unha delas será a mellora de accesos ao núcleo de Vilaseca, que ten un orzamento de 51.629 euros e unha aportación municipal de 6.829.

Continuarán tamén cos accesos ao núcleo de Azoreira, Cima de Vila e Torrentas, orzamentado en 45.253 euros e tamén con aportación municipal valorada en 5.253 euros.

Completan os proxectos de obras os 14.628 euros que se destinará ao telecentro e para o servizo de augas do Concello, concretamente no depósito de Teixeira. O Concello destinará 4.628 euros dos seus fondos para esta obra.

Non falta tamén o proxecto de iluminación do campo de fútbol de Riotorto, que ten un presuposto de 4.658 euros, dos que 1.658 serán fondos propios.

Ademais do asfaltado, os cartos do Plan Único irán dirixidos ao Servizo de Axuda no Fogar, que se leva 22.100 euros deste plan do total de 25.100. Tamén 44.314 serán para programas de fomento do emprego e mil para actividades culturais. Tamén 1.200 euros se destinarán a organización de actividades deportivas.