Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXermadeZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Sotavento celebrará o Nadal con actividades para familias en decembro

Por 16 Novembro, 2020Sin comentarios

Sotavento celebrará o Nadal con actividades para familias en decembroO Parque Eólico Experimental de Sotavento, en Xermade, organiza este mes de decembro unha serie de actividades para desenvolver en familia coincidinco coa celebración do Nadal.

Así, habera diferentes actividades ao longo do mes que darán comezo o día 3 cunha xornada solar centrada na actualidade fotovoltaica e funcionamento de instalacións reais.

O día 7, ccoincidindo coa ponte, terá lugar uhha Viaxe a través do enchufe, unha explicacion sobre o funcionamento da electricidade nos fogares. Nesa mesma semana, o venres 11 día o Día Mundial das Montañas cunha andaina guiada pola controna de Sotavento, na Serra da Loba.

A seguinte semana de actividades iniciarase o día 15 cunha xornada que informará sobre como reducir o importe da factura da luz, en pro do aforro enerxéctico e económico dos fogares.

O 19, sábado, terá lugar unha xornada de xogos entre familias que se fundamentarán na enerxía e que se repetirá o día 23. O luns 21 haberá unha pequena andaina entre os aeroxeneradores e o descubrimento do funcionamento dun deles. A actividade leva por nome A Ruta do Vento.

Finalizarán o mes con outra andaina o día 28 de febreiros para contorna do parte e o día 30 cunha xornada de vehículos eléctricos.

Todas estas actividades requiren de inscrición previa no teléfono 652 808 173 e poderán modificarse en función das condicións sanitarias en cada momento.