A ITV móbil de turismos estará a primeiros de decembro en Guitiriz

A unidade móvil de inspección técnica de turismos estará os días 3, 4 e 9 de decembro no Concello de Guitiriz para atender a todos os veciños do termo municipal. Estará situará no polígono industrial de Guitiriz e mentres os dous primeiros días atenderá en horario completo o 9 farano só de mañá.

O horario habitual de atención será de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas. Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309000 ou a través da web www.sycitv.com.

Etiquetas