Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Adxudicadas as obras de mellora das beirarrúas de Castro de Rei

Por 17 Novembro, 2020Sin comentarios

Adxudicadas as obras de mellora das beirarrúas de Castro de ReiO Concello de Castro de Rei adxudicou estes días a primeira fase da obra das beirarrúas da capitalidade municipal á empresa Contratos y Servicios Castro por importe de 85.305 euros.

As obras, que terán un prazo de execución previsto de dous meses, iniciaranse neste mes de novembro e con elas preténdese reformar as beirarrúas existentes na principal vía de comunicación da vila de Castro de Rei, dende o inicio da rúa Alcalde Emilio Sinde Nieto, ata a intersección coa rúa Manuel Becerra, favorecendo o tránsito peonil en ambas marxes.

O obxetivo desta obra á a creación dunhas estructuras de paso en bo estado que permitan unha circulación segura facilitando condicións de accesibilidade e comodidade e igualmente mellorando a súa estética, aspectos que se levarán a cabo mediante a demolición do pavimento de baldosa e bordillos existentes colocando pezas prefabricadas de bordillo e capa de formigón con acabado tipo raiado, de xeito que o pavimento resultante poida cumprir coa normativa vixente de accesibilidade.