Cospeito invita aos seus negocios a sumarse a campaña En Negro

Cospeito invita aos seus negocios a sumarse a campaña En NegroCospeito volverá sumarse este ano á campaña En Negro Contra as Violencias e farano invitando a participar a todas as empresas, negocios e asociacións da localidade. Este ano a campaña fundaménta no activismo virtual.

Así, orienta aos participantes a reutilzar os materiais facilitados nas pasadas edicións para vestir de negro os negocios, escaparates, tendas ou lugares de traballo; en no seu caso a solicitar máis a través do mail servisociais@concellodecospeito.es.

Tamén pide a estes negocios imaxinación para atraer a atención sobre este problema e compartilo enviando una foto ou unha mensaxe whatsapp ao número: 626848414 ou vía correo electrónico. A última etapa será o posicionamento contra as violencias machistas nas redes sociais usando a etiqueta #GaliciaEnNegro #ContraAsViolencias #EnNegro2020#CospeitoEnNegro#.

Aproveitando esta celebración o Concello instalou seis señales co lema Cospeito non tolera as agresións sexistas que se poden ven nas vías principais do termo municipal.

Etiquetas