Bonos consumo Vilalba

Abre o prazo nas Pontes das axudas para entidades medio ambientais

O Concello das Pontes abriu hoxe, 18 de novembro, o prazo para solicitar as subvencións dirixidas ás entidades medio ambientais para o ano 2020.

A través destas subvencións o goberno local busca dar apoio ás entidades medio ambientais e contribuír a que consigan os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación da cidadanía, contribuíndo desta maneira para impulsar a democratizar a sociedade e promover a conservación do medio ambiente.

As achegas están destinadas ás entidades medio ambientais, sen ánimo de lucro, inscritas no rexistro de Asociacións do Concello de As Pontes, que desenvolvan a súa actividade no municipio ou aborden asuntos de interese para a localidade.

Para acceder a estas subvencións é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello, mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria.

Etiquetas