Bonos consumo Vilalba

Guitiriz tinguirase de negro contra as violencias machistas

Guitiriz tinguirase de negro contra as violencias machistasO Concello de Guitiriz adheriuse á campaña En Negro Contra As Violencias e tinguirase de negro en conmemoración do Día Contra a Violencia de Xénero do 25 de novembro para amosar o seu rexeitamento a esta lacra da nosa sociedade.

O 25 de novembro, de 10:30 a 13:30 horas, haberá un punto de información no mercado do mércores. Cada persoa que se achegue recibirá un agasallo relacionado coa campaña. O mesmo día, ás 19 horas, celebrarase unha concentración no Campo da Feira onde, se o tempo o permito, formarase un lazo con velas e a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, lerá un manifesto.

Ademais, nas redes sociais do Concello e na concentración tamén se reproducirá un vídeo para visualizar a loita contra a violencia machista baixo o lema Ti tamén contas e necesítanse imaxes de persoas do municipio para a súa elaboración. As persoas que o desexen poderán enviar ata o luns 23 de novembro unha fotografía de medio corpo e co rostro serio ao correo electrónico info@concellodeguitiriz.com.

Etiquetas