Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Consulta as novas medidas restritivas para frear a covid-19 en Vilalba

Por 21 Novembro, 2020Sin comentarios

Arrincan en Vilalba as novas medidas restritivas para frear a covid-19O Concello de Vilalba quedará sometido dende hoxe a unha serie de restricións coas que se intenta contener o avance da covid-19. O Concello permenece en alerta vermella dende o pasado 8 de novembro e a situación empeorou nas últimas horas debido ao gromo detectado na residencia de maiores que afecta a 134 persoas polo momento.

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia establece varias medidas pero as máis restritivas son o peche da hostalaría e o peche perimetral do termo muncipal, pero establécense limitacións de aforo e outras medidas adicionais. Polo tanto rexirán as seguintes normas:

  • Limitación de entrada e saída de persoas, agás certas excepcións, do ámbito territorial do Concello de Vilalba.
  • As agrupacións de persoas quedan limitadas só a conviventes.
  • Establecementos de hostalaría e restauración permanecerán pechados ao público. Poderán prestar servizo de entrega a domicilio e para a súa recollida no local e consumo no domicilio.
  • Lugares de culto: asistencia reducida a un terzo da súa capacidade. Nas cerimonias relixiosas ou civís: 50% da capacidade, cun máximo de 25 persoas. A celebración posterior á cerimonia non está permitida.
  • Bibliotecas, museos, arquivos, salas de exposicións e outros equipamentos culturais: ao 50% da capacidade.
  • Cines, teatros, auditorios e recintos ao aire libre, así como congresos, eventos, conferencias e reunións de negocio: máximo de 30 persoas, en espazos pechados, e de 75, ao aire libre. Público sentado. No Concello de Vilalba, adíase a programación cultural desta fin de semana.
  • Circos e espectáculos feirais, parques multiocio e centros de lecer infantil permanecerán pechados.
  • Establecementos e locais de xogo e apostas e salóns estarán pechados.
  • Actividades e instalacións deportivas non federadas: actividade ao aire libre individual e colectiva (só conviventes), sen contacto físico. Instalacións e centros deportivos: non poderán superar o 50% da capacidade. Só actividades individuais (sen contar ao monitor).
  • Celebración eventos deportivos, adestramentos e competicións deportivas con público: ao 50% da capacidade, cun máximo de 30 persoas, en espazos pechados; e de 75, ao aire libre. Público sentado.
  • Actividades de tempo libre, dirixidas á poboación infantil e xuvenil: Ao aire libre limítase o número de participantes ao 50% da asistencia habitual, cun máximo de 50 participantes. En espazos pechados limítase ao 50% a capacidade do recinto, cun máximo de 25 participantes. Os grupos non deberán superar as 6 persoas, sexan ou non conviventes (sen contacto entre os grupos).
  • Piscinas: as recreativas permanecerán pechadas. As de competición, ao 50% da capacidade. Só se permite a actividade individual.
  • Centros cívicos e socioculturais: Ao 50% da capacidade. Actividades socioculturais: un máximo de 6 persoas, sexan ou non conviventes. Actividades físicas ou deportivas: ao 50% da capacidade e só actividades individuais..