Bonos consumo Vilalba

A banda da Asociación Músico Crisanto actuou en Lugo

A banda da Asociación Músico Crisanto actuou en LugoA Banda de Rábade-Begonte-Outeiro de Rei, da Asociación Músico Crisanto, actuou onte, sábado, diante da Deputación Provincial, na praza de San Marcos, como un desafogo musical-declaración vital contra a pandemia, nun concerto que foi gravado e logo difundido pola Rede para contribuír a crear un ambiente musical de esperanza diante da situación socio-sanitaria actual.

Nesta actuación, a Banda, que dirixe o profesor Armando Morales, contou con diversos solistas convidados, entre eles media ducia de cantantes, que interviron ofrecendo diversos temas. Entreles, o cantante chairego Adrián Vigo, interpretou Un mundo maravilloso, en sintonía cunha iniciativa xurdida na Manga do Mar Menor en defensa do extraordinario valor natural daquel enclave do sudeste hispano.

A actuación foi un recoñecemento ao labor de Afalu, a Asociación lucense de familiares de Alzheimer, polo seu extraordinario labor a prol destes enfermos e das súas familias.

 

Etiquetas