A cata do mel de Muras contou con once propostas este ano

A cata do mel de Muras contou con once propostas este ano (2) Un total de once propostas de mel presentáronse esta fin de semana en Muras á cata organizada como actividade de substitución da feira monográfica que non se celebrou por motivos sanitarios.

O xurado da cata seleccionou entre todas as candidatas o produto presentado por Antonio Permuy como mellor monofloral, mentres que Gemma Pena foi finalista.

Os expertos que valoraron o mel de Muras foron Antonio Día, José Luis Cuba, Julio Trigo, Cristina Pérez, Elena López e Critina Martínez.

Malia que a feira non puido este ano acadar o seu esplendor habitual, houbo un aumento da participación e mellorouse a calidade das mostras.

Etiquetas