Baixan os contaxios e casos activos na provincia

O Sergas avanzou este luns un novo descenso nos casos activos e no número de contaxios da covid-19. De feito, hai 20 casos activos menos, un total de 1097, e tamén descenden os positivos diarios detectados por  PCR: foron 38, fronte aos 56 da xornada anterior.

Estes datos están condicionados coma todos os luns pola admistración que todas as fins de semana retrasa a contas.

O que non varía é a presión asistencial. Mantéñense 48 hospitalizados, dos que 41 están en planta e 7 na  UCI do Hula, onde tamén seguen ingresados outros 26. Na Mariña hai oito pacientes co virus e en Monforte, sete.

Desde que se iniciou a pandemia superaron a enfermidade 4.713 lucenses, tras notificarse 58 altas nas últimas horas, e faleceron 117 persoas na área sanitaria.

GALICIA

Os positivos en Galicia experimentaron un novo descenso por terceiro día consecutivo, ata os 323, un total de 134 menos que na xornada anterior. En concreto, rexístranse baixadas no número de  contaxios en todas as áreas menos na de Pontevedra, onde hai un crecemento de 27 (ata os 78).

Do resto, a área con máis  contaxios é a da Coruña, con 68 (57 menos). Por detrás sitúase Vigo, con 42 (38 menos).

En canto aos casos activos, este luns baixaron en 159, ata colocarse no total de 8.669. A que reúne a maior cifra de casos activos da enfermidade é Vigo, con 2.260, aínda que son 60 menos que o domingo. Tamén anotaron descensos as áreas da Coruña-Cee, Pontevedra-O Salnés, Santiago-Barbanza, e en Ourense-Verín-O Barco.

O total de  contaxios desde o inicio da pandemia en Galicia ascende xa a 49.487, dos que se curaron 39.674 persoas, 478 nas últimas 24 horas.

Con todo, continúan á alza as vítimas mortais, que este luns están en 1.146 tras notificarse o domingo nove falecementos, dos que dous estaban relacionados con residencias de maiores.

Etiquetas