Unha plataforma acusa a cazadores de incumprir o protocolo da Xunta na Terra Chá

A circular publicada pola Consellería de Medio Ambiente na que se permite a liberdade de movementos para os cazadores que participen en batidas contra lobos ou xabaríns é un “brinde ao sol” co que o executivo galego cede ao lobby procaza sen establecer medidas de inspección nin un sistema sancionador para os reiterados incumprimentos que veñen documentando.

A plataforma Familias polo Respecto Animal, Fare, denunciou a vulneración deste texto, onde se chega a sinalar no apartado 2 que “está permitida a actividade cinexética en todas as súas modalidades, sempre que se respecte a distancia de seguridade interpersoal ou, na súa falla, utilícense medidas alternativas de protección física”, extremo que constataron que non se cumpre.

Como exemplo subliñan a recente batidas de xabarín dunha cuadrilla que actúa nos municipios de Cospeito e Begonte, na comarca da Terra Chá lucense, onde pousan orgullosos con varios suídos abatidos sen respectar distancia algunha, o que mostra que é unha práctica que vén repetindo.

Estas imaxes, aloxadas nunha coñecida rede social, serían realizadas o pasado sábado 21 de novembro, cando xa estaba en vigor a polémica circular da Consellería e os supostos protocolos sanitarios. Nelas vese a un grupo de cazadores sen distancia interpersoal algunha.

Despois do brote producido nunha enchente de escopeteros en Sarria, tamén na provincia de Lugo, Fare advirte que os posicionamentos da Xunta poñen en risco ao conxunto da cidadanía e mostran un escaso respecto polas actividades no Medio Natural. Así, as familias denuncian que non poden moverse a outros municipios para facer roteiros de sendeirismo pero si se autorizan batidas por toda Galicia sen medidas sanitarias.

Familias polo Respecto Animal

Fare é unha coalición de familias galegas que reivindica a creación de políticas públicas de protección animal e convivencia responsable a través de iniciativas políticas, sociais e institucionais. Creada en 2020, expón a integración de accións educativas para lograr unha maior e mellor defensa dos animais.

Etiquetas