Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Avanzan as primeiras medidas para o Nadal mentres os casos baixan

Por 25 Novembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Que se poderá facer durante o Nadal? O Goberno central preparou un borrador baixo o nome Propuestas de medidas de salud pública frente a la Covid-19 para la celebración de las fiestas navideñas, que compartirá hoxe no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde coas comunidades autónomas para establecer un plan común para o Nadal e evitar así que a covid-19 se propague por España.

Reunións

O Goberno propón que as reunións familiares e sociais sexan dun máximo de seis persoas durante as datas de Nadal e recomendan que se limiten aos membros convivintes, aínda que no caso de que haxa algún membro externo non convivente, as reunións serán de ata un máximo de seis persoas. Tamén recomendan evitar ou minimizar as reunións no ámbito social como celebracións do traballo, antigos alumnos, amigos, etc.

Toque de queda

Durante todo o Nadal manteranse as restricións nocturnas á mobilidade non podendo saír á rúa nos horarios establecidos en cada comunidade autónoma. Malia os día de Noiteboa e Noitevella, 24 e 31 de decembro, queren reducir o toque de queda desde as 01:00 ás 06:00 horas.

Mobilidade territorial

No borrador din que debe evitarse como norma xeral aquelas viaxes que non sexan estritamente necesarias. Deberase revisar previamente a normativa que nese momento se aplique no territorio de destino. No caso das viaxes internacionais, os cidadáns procedentes dun país ou zona de risco deberá dispoñer dunha PCR con resultado negativo realizada nas 72 horas previas á chegada a España.

Cabalgatas de Reis e Papá Noel

Dende o Goberno precisan que estes eventos supoñen unha situación de risco de transmisión pola elevada cantidade de asistentes, polo que recoméndase non celebrar este tipo de eventos. No que caso de que se realicen cabalgatas propóñense alternativas como as cabalgatas estáticas con localizacións en lugares onde se poida controlar o acceso ou a retransmisións pola televisión.

Mercadillos de Nadal

Poderanse organizar mercadillos de Nadal mantendo os aforos establecidos e sempre que sexan ao aire libre e se poida manter a distancia de seguridade.

Misa do Galo

As cerimonias relixiosas en espazos pechados seguirán as mesma normas de aforo establecidas en cada comunidade autónoma, sempre que se poidan manter a distancia de seguridade. Recoméndase non cantar e usar música gravada. Así como, a celebración da misa do Galo poderase realizar sempre que non interfira coa limitación horaria da mobilidade nocturna.

Visitas a familiares a residencias de maiores

Poderase ampliar o número de visitas aos centros sempre garantindo que se cumpran as medidas de hixiene e prevención e a distancia de seguridade.

Os comercios e centros comerciais estarán abertos?

O Goberno recomenda facer as compras de Nadal graduadas no tempo para minimizar a mobilidade e organizalas con antelación para evitar aglomeracións. O texto sinala que se debe traballar en coordinación coas entidades locais e promover a compra no pequeno comercio que seguirá as normas de aforo establecidas.

Carreiras de San Silvestre

Poderanse realizar sempre que non interfira coa limitación horaria da mobilidade nocturna e utilizando estratexias para diminuír o contacto entre os participantes.

Nacementos e concertos de Nadal

O borrador contempla que as visitas aos nacementos ou concertos do Nadal en prazas e lugares concretos poidan celebrarse xa que debería poder controlarse o acceso e a distancia inter persoal.

Ceas de amigos ou tomar algo nun bar?

Aconséllase non celebrar comidas ou ceas de empresa, aí como, tampouco as de amigos. Seguiranse as normas de aforo establecidas nese momento en cada comunidade autónoma. Permitirase ata un máximo de 6 persoas por mesa cunha distancia mínima de 1,5 metros entre comensais de diferentes mesas. Nas terrazas tamén se seguirán as normas de aforo establecidas nese momento en cada comunidade autónoma.

OS DATOS DA XORNADA

O número de casos activos e de novos positivos descendeu en Lugo nas últimas 24 horas. As cifras do Sergas indican que hai seis persoas enfermas menos que o martes (1.102 polas 1.108 da xornada anterior). Tamén é destacable o descenso de novos contagios, pasando dos 60 do martes a 37. Tamén se deron 41 altas o que fai que as persoas que superaron a enfermidade sexa de 4.804.

Pola contra, faceleu unha persoa na tarde onte, unha nonaxenaria da residencia de Guntín o que fai que o número e decesos estea situado en 118.

A situación nos hospitais da provincia combina as boas e as malas noticias xa que hai catro persoas menos ingresadas aínda que unha máis en UCI, onde están 8. 20 persoas están na planta do Hula (2 menos que o martes), 8 na Mariña (3 menos) e 7 en Monforte (os mesmos).