Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXermadeZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Escollidos os gañadores do Certame das Letras Galegas de Xermade

Por 25 Novembro, 2020Sin comentarios

Escollidos os gañadores do Certame das Letras Galegas de XermadeA Biblioteca de Xermade fixo público os fallo do xurado do Certame de Narración e Debuxo Infantil e Xuvenil Letras Galegas 2020 ao que se presentaron 33 traballos sobre o tema proposto Xermade, o meu pobo. Os premios consisten nun diploma, un libro e un vale de 60 euros para cada premiado ou premiada, para gastar na Farmacia de Xermade, coa finalidade de minorar o gasto mensual que están a afrontar as familias en máscaras, xeles hidroalcólicos, etc.

Na categoría de debuxo os premios foron para Elena Gato Ares, polo traballo A xente de Xermade, o noso maior tesouro, e para Uxía Cazás Pardiñas, por Outono en Burgás, ambas as dúas na categoría A, ata 8 anos.

Na grupo de 9 a 11 anos as gañadoras foron Ainara Romero Baamonde, por Ponte de Baxín, e Noa Hormeño Carballeira por Un paseo por Roupar. Entre os maiores os premios foron para Jonathan Rodríguez Graña, por A natureza, e Ainara Cancelo Cabaleiro, por A igrexa de Xermade.

Na categoría de narración, ata 8 anos os premios foron para Gael Otero Gómez, por O Xigante de Xermade, e Lois Martínez Bermúdez, por A miña vila. No seguinte grupo os premios caeron en Inés Fernández Piñeiro, por Xermade en flor, e Saria Paz Prieto, por Xermade. Finalmente, na categoría para rapaces de 12 a 17 anos, Simón Silva González con O Campión Xan, e Aroa Blanco Prieto, con Un pobo, unha historia, leváronse os vales.