Continúan baixando os casos de covid na provincia

Continúan baixando os casos de covid na provinciaA provincia rexistrou nas últimas 24 horas 1.885 casos activos de coronavirus, 17 menos que na xornada anterior. Dato ao que se chega tras detectarse 48 novos contaxios (onte foron 37) e 68 altas, o que fan que o total de persoas que superaron a enfermidade sexa de 4.872.

Por outra banda, houbo que lamentar unha nova vítima mortal, polo que xa son 119 os falecidos na provincia dende que se iniciou a pandemia no mes de marzo. A muller falecida era residente do centro DomusVi de Monforte.

Respecto á presión hospitalaria, hai cinco persoas menos ingresadas, unha delas na UCI, na que hai 7. Ademais, 20 persoas continúan na planta do Hula, 6 na Mariña (2 menos) e 5 en Monforte (dous menos).

A situación continúa estable en Vilalba, onde os casos activos continúan estables malia o gromo detectado na residencia. Tampouco repercitiu polo momento a situaicón do centro de maiores na presión hospitalaria da provincia.

Agás en Vilalba, a incidencia da Terra Chá é moi baixa, os únicos concellos que soben dos 10 casos son Cospeito (con 10) e Castro de Rei (con 14).

Nas Pontes tamén subiu a incidencia con con 45 casos diagnosticados nas últimas horas.

COMITÉ CLÍNICO

Na xornada de onte houbo unha nova reunión do comité clínico que informou que se está a producir unha melloría na situación de Santiago, A Coruña e Ourense que fan prever unha relaxación das medidas en breve. Tamén destacou a evolución favorable de Lugo e Ferrol e tamén, en menor medida, a de Vigo. Agora preocupa a situación en Pontevedra.

Debido á melloría da situación en Monforte, foron levantadas as medidas máis restrictivas polo que se espera que este venres haxa mellores noticias para estas cidades que están a mellorar.

As valoracións do comité indican que a comunidade galega presenta uns datos de incidencia que falan de “estabilidade con certa tendencia descendente”.

Etiquetas