Skip to main content
ActualidadeGuitirizSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Gadis amplía o seu supermercado de Guitiriz

Por 26 Novembro, 2020Sin comentarios

Gadis levou a cabo unha reforma e ampliación do supermercado de Guitiriz, que abre de novo as súas portas cunhas instalacións de máis de 700 m2 de superficie total. Un funcional e espazoso punto de venda co que a compañía proporciona unha experiencia de compra gratificante, segura e cómoda co obxectivo de “ser a mellor opción para os clientes”.

Situado na avenida da Coruña 5-7, o punto de venda destaca pola ampla variedade de produtos: máis de 8.000 artigos da mellor calidade a prezos moi competitivos. Tamén con presenza da marca propia Ifa e un número elevado de referencias bio, orgánicas, veganas, sen lactosa, etc. Para dar resposta ás necesidades dos clientes, Gadis actualiza constantemente a súa variedade.

Con esta actuación, Gadis xerou 9 empregos directos. Profesionais que se incorporaron ao persoal, composta por 23 traballadores. O horario de atención ao público é de 9 a 21.30 horas. Con motivo da reapertura, entre o 26 de novembro e o 2 de decembro, por cada 10 € de compra, os clientes recibirán tickets para participar no sorteo dun iPhone 12. Outro dos servizos é o acceso gratuíto á rede Wifi.

Preto dun milleiro de provedores locais abastecen á compañía, especialmente á seccións de produto fresco, que aúnan variedade, selección, calidade, frescura e prezo: peixaría, carnicería, charcutería, panadería, froitas e verduras. Outra vantaxe é a atención personalizada, con asesoramento aos clientes, seguindo o concepto de tenda tradicional.

Esta política centrada na proximidade fomenta o consumo de produtos frescos de tempada e de orixe local, contribuíndo a promover hábitos de vida saudable. Tamén a incrementar a sustentabilidade ambiental ao reducir e optimizar os roteiros de transporte.

Sustentabilidade ambiental que se buscou no deseño do punto de venda, no que destaca o aproveitamento de luz natural e estritas medidas de eficiencia enerxética, primando a instalación de modernos sistemas de refrixeración e climatización, que permiten un aforro enerxético de ata o 40% con respecto aos convencionais.