Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

O Ceip Terra Chá mellorará os seus patios de recreo dentro do Plan Proxecta

Por 27 Novembro, 2020Sin comentarios

O Ceip Terra Chá mellorará os seus patios de recreo dentro do Plan ProxectaO Ceip Terra Chá de Vilalba foi seleccionado para levar a cabo o Proxecto Terra dentro do Plan Proxecta da Xunta de Galicia. Deste xeito, no colexio seguiranse dúas liñas de actuación, a realización de patios dinámicos e a mellora dos espazos de recreo do centro educativo.

O seguinte paso para o centro é facer diferentes proxectos e presentalos á Xunta de Galicia para poder levalos a cabo. Este proxectos teñen aportación económica en función das súas características e foron seleccionados 45 centros de toda Galicia.

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.