Skip to main content
ActualidadeAs PontesCospeitoSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Vilalba, As Pontes, Castro de Rei e Cospeito, os concellos da comarca con máis incidencia

Por 27 Novembro, 2020Sin comentarios

Continúa a baixar a incidencia do coronavirus na provincia de Lugo e hoxe xa son 25 casos activos menos que onte, o que fai que a cifra está máis preto de baixar do milleiro, situada en 1.060. Esto débese á suma de 31 novos contaxios detectados e 56 altas, o que fai que o número de persoas que superaron a enfermidade se sitúe en 4.928.

Por outra banda, están contabilizadas xa 120 persoas que faleceron a causa do virus dende marzo, trátase dun home de 102 anos que faleceu no hospital de Monforte.

Os datos son esperanzadores xa que tamén baixa a presión hospitalaria en dúas persoas, unha delas na UCI, que agora ten 6 ingresados. En planta hai un total de 30, distribuidos 19 no Hula (1 menos), 7 na Mariña (1 máis) e 4 en Monforte (1 menos).

A situación continúa estable en Vilalba, co gromo detectado na residencia e 174 casos detectados os últimos días, dous máis dende onte. Algúns dos maiores presentan síntomas pero non revisten gravidade nin variaron a presión hospitalaria da provincia.

Agás en Vilalba, a incidencia da Terra Chá é moi baixa, os únicos concellos que soben dos 10 casos son Cospeito (con 10) e aumentan en Castro de Rei (con 18 novos casos nos últimos 14 días, 4 nas últimas 24 horas).

Nas Pontes segue subindo a incidencia e xa son 54 os casos diagnosticados nos últimos días, nove máis dende onte.

GALICIA

Os positivos detectados por PCR en 24 horas en Galicia sufriron un lixeiro repunte ata situarse nos 426 novos casos, 11 máis que os notificados un día atrás. De feito, rexistráronse ascensos nas áreas sanitarias de Vigo, A Coruña-Cee, Santiago-Barbanza e Ferrol. O 25% dos novos contaxios confirmados continúan rexistrándose na área viguesa, con 115, seis máis que a xornada anterior.

Con todo, a área sanitaria que notificou o repunte máis importante foi Ferrol, ata 19 infeccións detectadas máis, o que sitúa o total en 24 horas en 66. Tamén subiron, aínda que en menor medida, nas áreas da Coruña-Cee, a 91 (+5), e en Santiago-Barbanza, a 57 (+9).

No lado oposto sitúase a zona de Pontevedra-O Salnés, con 51 positivos diarios por PCR, un descenso en sete tras varios días.

Ademais, diminuíron de maneira importante os contaxios de covid-19 tamén en Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con tan só 15 positivos.

En canto aos casos activos, este venres baixaron en 127 ata colocarse nos 8.452 pacientes. Tan só a de Ferrol aumentou o número de casos activos, a 737 (+30).

Neste contexto, a área de Vigo continúa á cabeza dos pacientes, con 2.268, a pesar de notificar un descenso de 40 nun día. Tras esta, está A Coruña-Cee, que este venres conta con 1.724 casos activos de coronavirus, 19 menos.

Tamén caeron as persoas con covid-19 en Pontevedra-O Salnés, ata o total de 1.200 (-14); en Santiago-Barbanza, ata as 930 (-18); e en Ourense-Verín-O Barco, ás 533 (-41).

Desde o inicio da pandemia diagnosticáronse de coronavirus un total de 51.245 persoas en Galicia, das que 41.616 curáronse, 562 nas últimas 24 horas.

Con todo, tamén continúa á alza o cómputo de falecidos con covid-19, que se elevan a 1.179 tras as seis novas vítimas notificadas este xoves –dous deles usuarios de residencias–.