O Concello de Meira aproba o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía

O pleno do Concello de Meira aprobou, tras a adhesión do municipio ao Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía, o pasado 4 de xuño, o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable (Paces) no que definen as liñas estratéxicas, a través das que o municipio, buscará impulsar a loita contra o cambio climático.

O documento, elaborado pola Faepac, ao amparo dunha subvención concedida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder 2014-2020, recolle todas as accións que, desde o Concello das Pontes, se propoñen co obxectivo de reducir un 40% as emisións de gases de efecto invernadoiro ata o ano 2030, a través da mellora da eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovables.

Nese sentido, o plan busca reducir os consumos de combustibles fósiles, promover o o aforro e a eficiencia enerxética, a transición cara ó uso de enerxías renovables e o autoconsumo a través dun conxunto de medidas orientadas a reducir o consumo enerxético municipal aumentando a súa eficiencia, realizando ao mesmo tempo unha aposta pola mobilidade sostible, fomentando a produción de enerxías renovables, desenvolvendo unha planificación territorial sostible e colaborando coa cidadanía na creación de hábitos enerxeticamente máis eficientes.

Así, o Paces das Pontes contempla un total de 46 medidas de mitigación e/ou adaptación e aumetno da resulencia do Concello ante o cambio climáticomedidas, algunhas delas xa postas en marcha. Entre as de mitigacion destacan aquelas que afectan aos equipamentos e edificios municipais, a través de melloras no aforro e a eficiencia enerxética de edificios municipais, da cualificación enerxética de edificios municipais, dun programa de mantemento de equipamentos e infraestruturas municipais ou do incremento na eficiencia dos sistemas de iluminación pública, entre outras.

Etiquetas