Skip to main content
ActualidadeFriolSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O Concello de Friol pavimenta unha vía en Roimil e accesos en Miraz

Por 28 Novembro, 2020Decembro 7th, 2020Sin comentarios

O Concello e Friol pavimenta unha vía en Roimil e accesos en MirazO Concello de Friol vén de anunciar o investimento duns 200.000 euros en dous proxectos de pavimentación, concretamente da vía de Roimil a Silvela e os accesos a núcleos en Miraz.

A primeira obra trátase do proxecto de “Pavimentación de vial Roimil-Silvela”, adxudicado á empresa Francisco Gómez y Cía S.L..

O segundo proxecto é o de “Pavimentación de accesos aos núcleos de Miraz, Devesa, Portolamas e A Baña”, adxudicada á empresa Adecom Obras y Servicios S.L.. A execución de estas dúas obras suman unha inversión de case 180.000 €.

Ambos proxectos son contratos que se financiarán con cargo ó Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2020.

Son dous proxectos de gran importancia para a poboación de Friol, xa que se trata de realizar melloras e mantementos de vías e accesos municipais das parroquias de Roimil, Silvela e Miraz.

As vías e accesos referidos están en malas condicións de transitabilidade, debido, entre outras cousas, ás condicións normais do tráfico, ó paso de maquinaria agrícola ou para traballos forestais, ás condicións atmosféricas e ó paso dos anos. Debido a isto resulta complicado o paso de vehículos en algunhas zonas.

Todas estas actuacións levan consigo unha considerable mellora na calidade de vida dos habitantes do municipio.

Para o Equipo de Goberno isto é algo de vital importancia e no que traballan cada día e como di o seu alcalde Jose Ángel Santos “estas actuacións levaranse a cabo para intentar facilitar os desprazamentos de vehículos e maquinaria no día a día dos veciños e veciñas do noso municipio, e tamén facilitar os accesos a aquelas persoas que queiran vir a visitarnos ou coñecernos”.