Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

A loita vilalbesa volve á competición mermada de efectivos pero con dúas medallas

Por 30 Novembro, 2020Sin comentarios

A loita vilalbesa volve á competición mermada de efectivos pero con dúas medallasDespois dunha tempada anómala coma esta, paralizada pola crise da covid-19, os loitadores retomaron a competición xa case para esgotar o calendario abordando algunha das citas adiadas durante o confinamento. Neste caso trátase do Campionato de España de loitas olímpicas da categoría Sénior que tivo lugar esta fin de semana na localidade murciana de Los Alcáceres e cuxa celabración estivo no aire ata o derradeiro intre e logo de que a maioría dos eventos estatais e internacionais fosen anulados.

O equipo vilalbés chegou a Murcia cun pequeno equipo moi mermado polas limitacións de afluencia aos adestramentos e logo dalgunhas baixas de parte dos nosos principais deportistas como Carlos Yobani ou Oussama Lahnin, aínda así o contribuíron a que galicia acadase o 2º posto por selecións.

Destacar dun xeito moi especial o triunfo de José Cuba en menos de 125 kg e co que acada o seu 16º título absoluto de Campión de España. Sen dúbida un empurrón nuns tempos tan difíciles de cara aos torneos clasificatorios que ten pendentes de afrontar xa no 2021.

Os outros vilalbeses en Murcia foron Jose Luís Puentes en menos de 92 kg e Pablo Chao Durán en menos de 79 kg. O primeiro meteuse na final acadando a prata, metal decisivo no segundo posto do equipo galego, e que ten un maior mérito se temos en conta que Puentes chegou a Murcia retomando a competición despois de varias tempadas de inactividade.

Pablo Chao non puido pasar da primeira rolda nunha categoría moi concurrida e para a que non chegaba no mellor estado de forma tras as dificultades para adestrar durante o confinamento.

Agora tocaría preparar o Mundial Absoluto, evento que se atopaba no programa pero ao que Cuba renunciará a participar trala cancelación do mesmo e ser sustituído por un evento en formato de copa mundial.