Taboada y Ramos S.L.

Celebran un curso de primeiros auxilios en Muras

A Casa do Médico de Muras acollerá esta fin de semaan un curso de primeiros auxilios dirixido a persoal no sanitario.

As sesións desenvolveranse o día 5, sábado, de 10.00  14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas e o domingo no mesmo horario pero só de mañá.

As prazas dispoñibles están limitadas polo que é necesario inscribirse. Ten que facerse no teléfono 982 500 001 ou en servizosxerais@muras.gal.

Só se permitirán 6 persoas por xornada e o curso estará ao cargo de María Inmaculada Pumariño Rigeura, instrutora de Semicyuc.

Etiquetas