Illa avanza as medidas que se seguirán este Nadal

Illa avanza as medidas que se seguirán este NadalO Ministerio de Sanidade anunciou esta tarde as principais medidas do plan para celebrar o Nadal, no que se fomentará a reclusión nos fogares. De feito, as medidas expostas por Salvador Illa explican que entre os días 23 de decembro e 6 de xaneiro non se poderá saír das comunidades autónomas agás para reunións familiares.

No que se refire a eses encontros, para os días 24 e 25 de decembro e 31 e 1 xaneiro restrínxense as reunións a 10 persoas que non superen os dous grupos de convivencia, incluídos os nenos.

Ademais inclúese atrasar o toque de queda en Noiteboa e Noitevella ata as 1.30, o peche perimetral en todo o período do Nadal, salvo para desprazamentos de familiares e achegados, e ceas e comidas de non máis de 10 persoas.

As medidas son as seguintes.

  • Peche das comunidades. Do 23 de decembro ao 6 de xaneiro, comunidades e cidades autónomas farán efectiva a limitación de entrada e saída salvo para aqueles desprazamentos que xa estaban xustificados durante o estado de alarma, así como aqueles “que sexan lugar de residencia habitual de familiares ou achegados do desprazado, cumpríndose en todo momento os límites á permanencia de grupos de persoas que sexan eficaces» en cada autonomía. Quedan exentas Canarias e Baleares
  • As reunións poderán ser de dez persoas, con nenos incluídos para as comidas e ceas do Nadal dos días 24, 25 e 31 de decembro e do 1 de xaneiro. O aconsellable é que estes encontros sexan de membros que pertenzan ao mesmo grupo de convivencia.
    Retrásase o toque de queda ata a 1.30 como moi tarde en Noiteboa e Noitevella. En ningún caso utilizarase esta ampliación horaria para desprazarse a diferentes encontros sociais
  • Non se permitirá a celebración de eventos presenciais con moito público. Suxiren celebrar cabalgatas estáticas en lugares onde se poida controlar o acceso, ademais de badaladas virtuais ou retransmisións de eventos do Nadal por televisión.
  • Os residentes de centros sociosantiario só poderán visitar un domicilio mantendo unha burbulla de convivencia estable; ao seu reingreso exponse a realización dunha proba de diagnóstico de infección activa e nos días posteriores extremaranse as medidas de vixilancia e prevención.
  • Os estudiantes deberán limitar interaccións antes do regreso ás súas casas durante dez días polo menos. Unha vez en casa, deben limitar os contactos, respectar a súa burbulla de convivencia e interactuar sobre todo ao aire libre, en lugar de en o interior.
  • A resturación e a hostalaría rexirase polas normativas autonómicas. Pídese reforzar a mensaxe de facer uso da máscara cando non se estea comendo nin bebendo e evitar comer do mesmo prato.
  • Proponse tamén compras escalonadas para evitar as grandes aglomeracións en rúas e centros comerciais, que deberán respectar o aforo previsto.
  • Promocionar que os eventos e espectáculos se realicen nas rúas.
  • Non poderán facerse eventos deportivos, ou de ser así terán que ser virtuais.
  • As celebracións relixiosas serán segundo o aforo permitido en cada comunidad e sen cantar. Sanidade aconsella evitar os cantos e substituílos por música pregrabada, e tamén as mostras físicas de devoción ou tradición (bicos, contacto sobre imaxes, esculturas, etc.), en favor doutras que non conleven risco sanitario.
  • Aumentarase a frecuencia do transporte para evitar as aglomeracións, garantindo unha adecuada ventilación e o cumprimento das medidas de prevención que inclúen non comer e facer un uso correcto da máscara.
  • Reforzar as mensaxes sobre todas as medidas de prevención incluídas as relacionadas coa ventilación e as actividades ao aire libre.

Etiquetas