Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

O Concello de Vilalba acusa á Xunta de discriminar a hostalaría local e Arias négao

Por 3 Decembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Vilalba apoia as reivindicacións do sector da hostalaría local e teme que, tal e como está redactada a orde autonómica de axudas aos locais que tiveron que pechar, “quede fóra das mesmas dunha forma inxusta”.

A Xunta ampliou o mes pasado as axudas directas aos locales de hostalaría galegos afectados por medidas anticovid a 17 millóns de euros, pero na orde especificaba que só se poderían pedir cando os afectados cumprisen 15 días de peche.

“As medidas e restricións impuxéronse para Vilalba o 21 de novembro, polo que ata o 5 de decembro os locais de hostalaría non poden pedir as axudas autonómicas”, lembra o concelleiro Luis Fernández.

“As axudas concédense por orde de chegada das solicitudes, polo que o sector de Vilalba está claramente discriminado, os cartos só chegarán para os locais daqueles municipios que tiveron que pechar antes a hostalaría”, engade.

Fernández lamenta “o silencio cómplice do PP local” e anuncia unha batería de medidas iniciativas para esixir un cambio de postura por parte de Xunta “ou unha ampliación das axudas, xa que non chegarán a Vilalba”.

O grupo de goberno de Vilalba levará este tema ao próximo pleno e estuda outras medidas de presión. “Non podemos aceptar esta discriminación”, engade Luis Fernández.

CONTESTACIÓN DE JAVIER ARIAS

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, lembrou que os hostaleiros de Vilalba poden acollerse as dúas liñas máis cuantiosas do Plan de Rescate, unha de 30 millóns para autónomos e a outra de 37 millóns para microemprensas, fronte á específica para a hostalería pechada, que ascende a 17 millóns de euros.

Por outra banda, Arias adiantou que este xoves o Igape publicará unha nova liña de axudas para reforma e adaptación de terrazas e instalación de toldos. Estas achegas poderán ser de entre 1.500 euros ata 25.000 euros de gasto subvencionable, a fondo perdido ata o 80 por cento, e cun anticipo do 50 por cento do importe da axuda sen garantía, concedido automaticamente e con concorrencia non competitiva.

En calquera caso, o delegado territorial aclarou que “este plan de axudas foi negociado en reiteradas ocasións polas principais asociacións de hostalería de Galicia e co cluster de turismo, que deron como resultado unhas axudas moito máis áxiles e con mellores condicións que as estatais”.

Cabe destacar que na última reunión deste luns para negociar a desescalada da hostalería entre as consellerías de Vicepresidencia Primeira, Sanidade e Emprego, os representantes do sector fixeron fincapé na necesidade urxente de volver traballar, esixindo unha vez máis a apertura dos seus negocios o antes posible.