Volven os campamentos de nadal nas Pontes

Volven os campamentos de nadal nas PontesO Concello das Pontes abre mañá o prazo de incrición para participar nos campamentos urbanos de Nadal 2020-2021, unha iniciativa da Concellería de Igualdade que ten como obxectivo prioritario permitir ás familias do municipio conciliar a vida laboral, persoal e familiar durante as vacacións de Nadal.

Os campamentos, dirixidos a nenas e nenos nados entre 2009 e 2017, desenvolveranse os días 23, 28, 29 e 30 de decembro 2020 e 4, 5 e 7 de xaneiro 2021, e inclúen diferentes propostas de actividades lúdico-educativas orientadas a promover valores como o respecto mutuo, a tolerancia, a igualdade e a colaboracion, encamiñados a facilitar a convivencia entre os/as menores.

As actividades levaranse a cabo en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas. Hai 30 prazas dispoñibles, sendo necesarias un mínimo de 10 inscrións para poder levar a cabo a actividade, e a cota de inscrición é de 40 euros por cada menor inscrito.

Así mesmo o Concello das Pontes adaptará a actividade á situación sanitaria por mor do covid-19, podendo cancelar a mesma ou diminuir o número de prazas para cumplir coas restricións existentes no momento do comezo da actividade.

As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos e fillas nestes campañamentos deben estar empadroados no Concello das Pontes e trallabando no período de vacacións, dándoselle prioridade  ás familias con ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM 2019, límite que se incrementa nun 15% cando se trate de familias monomarentais/monoparentais ou familias numerosas.

Para a xustificacion destas situacións é preciso achegar a seguinte documentación: fotocopia do libro de familia (en caso de ser o primeiro ano de inscrición), fotocopia do DNI das persoas solicitantes e menores (en caso de ser o primeiro ano de inscrición) certificado de empadroamento do/a menor e solicitantes ou autorización para a comprobación destes datos no padrón municipal e declaración da renda do 2018 ou xustificante de non ter a obriga de facela.

Ademais haberá que achegar certificados de empresa conforme se está traballando ou non en período de vacacións (para as persoas autónomas entregarase fotocopia do último recibo de autónomos), certificado da entidade que imparte a formación de estar asistindo a ela, declaración xurada de estar a traballar no servizo doméstico (de ser o caso) así como outra documentación que se requira para xustificar as diferentes situacións de respiro familiar ou similares.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Municipal do Concello, previa cita nos números de teléfono 667 12 93 89/667 12 93 80, desde o 4 ao 15 de decembro, en horario de 08:30 a 13:30 horas, no rexistro municipal.

Tamén poderá enviarse a inscrición e a documentación a través da sede electrónica: http://sede.aspontes.com/es/index.html, comezando o prazo o día 4 de decembro ás 00.00 e rematando o prazo o 15 de decembro ás 23.59 horas.

Etiquetas