Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O Pxom centra a reunión do alcalde de Rábade co delegado da Xunta

Por 5 Decembro, 2020Sin comentarios

O PXOM centra a reunión do alcalde de Rábade co delegado da XuntaO delegado territorial de Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza co alcalde de Rábade, Francisco Fernández Montes, para valorar algúns dos proxectos que leva a cabo a Xunta no municipio e as posibles liñas de colaboración futuras para continuar impulsando o seu desenvolvemento socioeconómico.

Neste sentido, ambos consideran un avance importante o acordo para a redacción dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, que sufragará integramente a Consellería do Medio Rural. As normas urbanísticas, sinalou Arias, “son a base imprescindible para asentar un crecemento sostible e seguro, que mellore os servizos aos cidadáns e facilite o asentamento de empresas”.