Pol acollerá dúas obras do Circuíto de Teatro Afeccionado

Pol acollerá dúas obras do Circuíto de Teatro AfeccionadoO Circuíto de Teatro Afeccionado 2020 fará unha dobre parada en Pol a fin de semana do 19 e 20 de decembro.

Así, o sábado 19, ás 18.00 horas poderá verse Detrás das máscaras, obra de Metátese Teatro, dentro do ciclo Táboas cheas de emoción.

A continuación, o domingo ás ás 19:00 horas, a Asociación Cultural Abrente, dentro do ciclo Gargalladas, representará a obra O aeroporto da Valiña

As dúas obras de teatro terán lugar no centro sociocultural de Mosteiro-Pol con entrada de balde e aforo limitado respectando sempre as normas covid-19 de uso de máscara, distancia de seguridade e hixiene de mans.

Etiquetas