Acea de Meira crea bonos agasallo e un concurso de escaparates

A Acea de Meira vén de iniciar unha forte campaña de Nadal na que se engloban diferentes iniciativas co obxectivo final de impulsar o consumo no comercio de Meira durante este Nadal.

Deste xeito, para aqueles que queiran agasallar aos seus seres queridos no Nadal e non sepan como facelo, poñeron tarxetas agasallos que consisten en bonos canxeables nos 140 locais asociados a día de hoxe. Son bonos de 10 euros que poderían que serían acumulables para o mesmo local ou para diferentes.

Os bonos a están á venda a través dos cinco socios da directiva. Plenario, Eloy, Raquel, Diego e Mónica.

Ademais, tamén botou andar un concurso de decoración de escaparates aberto a toda a poboación. Un total de 40 locais presentaron a súa proposta de decoración a través dunha fotografía coa que se creou un álbum en Facebook.

Ata o vindeiro 6 de xaneiro de 2021, as 3 fotos que acumulen un maior número de interaccións positivas nesta publicación, entendéndose por tales: me gusta, me encanta, me importa, me divierte e me asombra serán as gañadoras desta edición.

Pecharanse as votacións o día 6 de xaneiro ás 20:00 horas.

Como complemento teñen colocado no centro da vila un photocall dun nacemento no que todos os veciños e visitantes poderán ter o seu recordo deste atípico Nadal.

 

Etiquetas