Sesión de contacontos na casa museo de Manuel María

Sesión de contacontos na casa museo de Manuel MaríaO actor e cómico Pedro Brandariz estará este sábado, día 12 de decembro, ás 17 hrs, na Casa-Museo Manuel María para desenvolver unha sesión de contos dirixida para nenos entre os 4 e os 11 anos e as súas familias.

Os contos serán protagonizadas pola Pantasma Cataplasma e polas súas venturas e desventuras, que veñen sendo do máis divertidas.

Para asisitir a esta actividade é imprescindíbel facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621. O aforo do auditorio da Casa-Museo Manuel María verase reducido polas indicacións sanitarias motivadas pola COVID-19. O billete ten un prezo de 2 euros.

Etiquetas