Skip to main content
ActualidadeAs PontesSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Vilalba continúa estable mentres nas Pontes os contaxios seguen crecendo

Por 10 Decembro, 2020Sin comentarios

A provincia de Lugo volve mellorar unha semana máis e segue rebaixando casos activos con 15 menos que onte (onte foron 18) o que supón un total de 591. Este dato vén condicionado coma sempre polos 16 novos positivos (onte houbo 31) e polas 35 altas das últimas 24 horas (onte foron 47). Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.552 e 5.823 curados.

Continúan polo tanto baixando os casos pero nos niveis dos últimos días, agás o mércores no que se deron numerosas altas o que fixo que baixaran de súpeto os casos activos. De todos os xeitos, os novos positivos empezan a diminuír moito aínda que nesta xornda as altas foran menos que nos últimos tempos.

Tamén continúa estable na provincia o número de falecidos en 137 mentres que faleceu nas Pontes, con cargo ás cifras da súa área sanitaria un veciño de 88 anos.

A hospitalización suma un ingresado máis e faino na UCI, onde están xa catro persoas. Mentres, na planta do hospital de Lugo baixan os ingresados a 19 (2 menos). No da Mariña xa son 4 os ingresados (dous máis que onte) a mesma cantidade que hai en Monforte.

Por concellos, Vilalba rebaixa en dous o número da incidencia acumulada a 14 días con 70 casos rexistrados. Estabilízase en Cospeito con 22; e en Castro baixa a 15 (5 menos).

Pola contra, A Pastoriza, Meira, Begonte e Pol non rexistraron ningún positivo nos últimos 14 días.

Na veciña As Pontes a situación segue a recrudecerse e suma catro casos máis que onte ata os 108. De feito, ante a elevada propagación, o Sergas iniciou un cribado masivo polo que pasarán un total de 2.000 veciños para detectar asintomáticos e intentar frear os novos contaxios.

Os concellos de Vilalba e As Pontes continúan en máxima alerta e espérase que a situación mellore no outro Concello lugués con restricción, a cidade de Lugo, que podería pasar do nivel 3 ao nivel 2.