Begonte contará coa visita de Papá Noel e os Reis con sistema de quendas

Begonte contará coa visita de Papá Noel e os Reis con sistema de quendasO Concello de Begonte xa confirmou o seu programa de Nadal, que se desenvolverá baixo estritas normas de seguridade e que arrinca hoxe coa finalización da campaña de recollida de alimendos na Casa do Concello.

Xa mañá, martes, terá lugar unha audición da aula de trompeta da Escola de Música de Rábade, Outeiro de Rei e Begonte no centro sociocultural da localidade a partir das 19.30 horas.

O mércores será un gran día para os pequenos xa que está confirmada a visita de Papá Noel a todos os nenos e nenas no Telecentro de Begonte (fronte á Casa do Concello). A festa terá lugar a partir das 16.30 horas e, para que esta visita sexa segura, cumprindo co protocolo vixente e sen aglomeracións, estableceuse un sistema de quendas para acudir a velo.

Será necesario inscribirse no teléfono 982 39 61 43 ou nas dependencias do Concello de Begonte, onde se lle asignará unha hora de visita. Será obrigatorio o uso de máscara e a entrada será individual (excepto no caso de convivintes).

Ademais, haberá chocolate con churros para os asistentes.

A programación terá a súa continuidade o domingo 27 cunha representación teatral, a cargo de Titiriterra, que porá en esca Belarmina, a flamante velutina na casa da cultural ás 17.30 horas.

A programación chegará ao seu final o día 5 de xaneiro, coa visita dos Reis Magos ao pavillón de Begonte, onde tamén se volverá establecer un sistema de quendas.

Etiquetas