Hostaleiros e Concello traballan nun acordo para impulsar o sector

Hostaleiros e Concello traballan nun acordo para impulsar o sectorO Concello de Vilalba mantivo unha reunión con representantes do sector da hostalaría e a restauración da Asociación de Empresarios Sete Pontes para escoitar as súas demandas e consensuar medidas de cara ao inverno.

Na reunión, o Concello confirmoulles que amplía o período no que as terrazas de hostalaría do municipio poden dispoñer de máis espazo na vía pública para aumentar a súa capacidade.

O prazo remataba o 31 de decembro pero o concello concretou cos representantes do sector a ampliación do mesmo, co obxectivo de axudar aos establecementos de hostalaría, moi perxudicados pola pandemia do coronavirus.

Ademais, ambas partes coincidiron na necesidade de traballar unidos para impulsar novas medidas de axuda a un sector moi danado pola crise sanitaria e económica.

En concreto, estudan as posibilidades de adaptación das terrazas durante os meses de inverno para continuar cos espazos exteriores nos locais a pesares dos condicionantes meteorolóxicas.

Na xuntanza, tamén falouse das distintas posibilidades para a redacción das bases de novas liñas de axudas.

“Temos que facer todo o posible para axudar ao sector, a hostalaría é un piar da economía local e a reunión foi moi positiva, analizando medidas e como podemos colaborar desde o concello”, asegura Rodrigo Pavón, tenente de alcalde e concelleiro de Espazos Cidadáns, Relación coa Veciñanza e Servizos.

Durante o ano 2021 seguirá por outra parte vixente a suspensión da taxa que pagan os locais de Vilalba polas terrazas.

Etiquetas