Os Reis Magos falarán cos nenos das Pontes por videoconferencia

O Concello das Pontes, debido ás restricións sanitarias establecidas con motivo da pandemia da covid-19, decidiu que, este ano, os Reis Magos falen cos nenos e as nenas do municipio a través de vídeoconferencia.

Tania Pardo, responsable da área de Xuventude sinala “este ano as festas de Nadal son moi diferentes, están marcadas pola situación sanitaria. Por iso, para evitar o avance do virus, poñemos en marcha esta iniciativa, co obxectivo de que os ponteses e pontesas máis pequenas poidan trasladar as súas peticións e desexos aos Reis Magos e non deixar pasar estas datas sen que os/as máis pequenos/ as poidan gozar da ilusión do Nadal”

As vídeoconferencias realizaranse, a través de WhastApp, os días 3 e 4 de xaneiro de 2021 e para iso, os veciños e veciñas interesadas en charlar cos Reis Magos deberán chamar ao teléfono 622610560, en horario de 10:00 a 15:00 horas, ata o día 2 de xanerio ás 15:00 horas, para indicar o día e a hora á que queren falar coas súas maxestades así o nome, a idade, os gustos e afeccións das crianzas. Desde o Concello lembran que as prazas son limitadas polo que animan á veciñanza a realizar á reserva con antelación.

Etiquetas