Sobre veterinaria, pandemias e eucaliptos

Por Breixo González

Este é o último artigo do ano 2020, un ano marcado por unha pandemia zoonósica (é dicir unha enfermidade transmitida de animais a humanos) coñecida como covid-19; moito se ten falado que os chineses andaban xogando con lume polos seu mercados “húmidos” (mercados de animais vivos para consumo humano, tanto domésticos como silvestres) e iso fixo que a enfermidade se transmitise de animais a humanos .

Tamén cando vemos a destrución do Amazonas ou as selvas do centro de África (causa do brote de évola do que mesmo chegou a haber infectados en España).

Pero na Terra Chá e en Galicia en xeral estamos moito máis cerca de ese punto de risco do que pensamos, e todo débese a un completo descoñecemento de que o respecto ó medio ambiente significa maior seguridade no ámbito da saúde pública.

E porqué dicimos que corremos estamos nun punto de risco en Galicia (imos centrarnos na Terra Chá). Fai uns anos a Terra Chá caracterizábase por ser unha zona de marcado carácter agrogandeiro, cun marcado mosaicismo no terreo, mistura de prados, terreos de cultivo e bosques de árbores autóctonas con algunhas plantacións de piñeiros. Este mosaicismo era a resposta dos nosos antepasados as características do terreo, aproveitando para o traballo os mellores terreos e deixando a fragas e carballeiras e toxeiras os terreos que non eran idóneos .

Ese esquema do noso rural estaba asociado a un manexo máis sostibles era máis respectuoso co medio ambiente. O problema é ,que dende fai uns anos, e a pesares de infinidade de informes científicos independentes, de gran parte da da opinión pública e contra da lóxica máis esmagadora as nosas fragas, carballeiras, toxeiras, brezais e turbeiras están a desaparecer pola eucaliptización sen control.

Como veterinario rural vexo desaparecer carballeiras centenarias, fragas de inundación e terreo de monte (nese termo falo tanto de toxeiras, brezais e turbeiras inclinadas) as menos veces en terreos de cultivo, pero na maioría dos casos estes traballos acaban convertendo eses terreos en eucaliptais, (cousa que é delito), pero tamén vexo moitos prados e terreos de cultivo plantados tamén (feito que tamén é ilegal).

Esta destrución do noso patrimonio natural e paisaxístico,e xa que estamos a falar do medio ambiente temos que recordar que os bosques autóctonos , as turbeiras e os prados naturais son os maiores sumidoiros de CO2 que temos en Galicia, (os eucaliptos con quendas de corta de 15 ou menos anos non fixan CO2). Ademais, dende un punto de vista económico, potenciar unha soa actividade económica (que ademais é das que menos poboación fixa no rural) vai xerar o problema dun exceso de oferta nos vindeiros anos, que sumado a unha diminución do consumo de papel a nivel mundial, pode ser un auténtico desastre económico e social.

Pero o feito que mais me toca profesionalmente e que é tan importante como as anteriores, é que a neutralización esta a reducir o hábitat da fauna salvaxe, co cal os animais vense empurrados cara as terras de cultivo e a vivendas, isto fai que haxa máis interaccións entre os animais salvaxe e as nosos animais de granxa , o que fai que haxa risco de transmisión de enfermidades como por exemplo a tuberculose , pero tamén a fauna salvaxe resulta contaminada por bacterias procedentes de granxas con múltiples resistencias a antibióticos. Outro efecto da redución do hábitat é que as enfermidades se transmiten máis facilmente entre eles (como vemos en casos de sarna en corzos…) e se a isto sumamos o estrés que afecta a fauna por todos os padecementos que lle estamos a causar (falta de comida, hábitats idóneos, excesiva humanización do medio) fai que lles baixen as defensas e sexan máis susceptibles a contraer enfermidades.

En resumidas contas na Terra Chá estamos creando o noso macro “mercado húmido” que pode facer que NÓS sexamos os posibles creadores da próxima pandemia e todo para plantar unha árbore que só serve para facer papel hixiénico…

Etiquetas