O Concello de Outeiro de Rei escolleu aos gañadores do concurso de postais

O Concello de Outeiro de Rei deu a coñecer os premiados do Concurso de Postais Nadal 2020, que tivo como gañador a Iván Jesús Río Pernas. Con el tamén recibiron premio, na categoría I (de 1º a 3º de Primaria) Natalia Feijóo Alonso, Mario Yáñez González e Martina Lorenzo Ramil. Nesta mesma categoría concedéronse accésits a Bela Hernández Souto e Alma Díaz Vigo.

Na categoría II (de 4º a 6º de Primaria) os premios foron para Paula Novás Fernández, Olivia Lamas Ceide e Lara García Pérez con accésits para Jimena Boo Hernansanz e Uxía López Neira.

Etiquetas