Skip to main content
ActualidadeAs PontesSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

A Deputación da Coruña financiará as obras do polideportivo do Monte Caxado

Por 31 Decembro, 2020Sin comentarios

A Deputación da Coruña financiará as obras do polideportivo do Monte CaxadoA Deputación da Coruña aprobou por unanimidade no seu Pleno do mércores, 30 de decembro, un convenio polo que achegará unha partida de 180.000 euros para a renovación integral do pavillón polideportivo do antigo colexio Monte Caxado das Pontes, unha obra na que se repartirán o orzamento entre o organismo provincial e o Concello.

O plan ascende a 228.796,59 euros, polo que a Deputación asumirá o 78,67 % do custo. O obxectivo desta obra é a rehabilitación da cuberta, que perderá a súa actual fibra de cemento.

Ademais, retirarase o falso teito na zona da pista polideportiva para substituílo por un panel con illamento interior. Do mesmo xeito, incorporaranse dous aireadores para mellorar a renovación do aire e procederase á rehabilitación de gran parte da fachada e instalarase un novo pavimento deportivo de zona elástica, á parte de renovar a iluminación.