Skip to main content
ActualidadeBegonteSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Begonte presenta un vídeo promocional potenciando o Camiño

Por 5 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Begonte presenta un vídeo promocional potenciando o CamiñoA Xunta de Galicia potencia o Camiño Norte ao seu paso polo municipio de Begonte a través dun proxecto promocional impulsado polo Concello no marco do programa O Teu Xacobeo, que conta cunha achega autonómica de 12.000 euros.

O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, participou hoxe na presentación dunha das accións incluídas neste plan, un vídeo divulgativo sobre a riqueza natural, patrimonial e gastronómica da localidade co fin de difundilo a través de páxinas web, redes sociais ou en feiras de turismo. Trátase dunha gravación de seis minutos titulada Begonte, xa respiro doutro xeito, que pon en valor os recursos do concello da man de voces locais.

Outra das iniciativas promovidas foi a realización de enquisas para coñecer a opinión dos peregrinos e da cidadanía en xeral sobre a situación da ruta xacobea ao seu paso por Baamonde, co fin de recoller propostas para futuros proxectos de mellora.

“Estas accións reflicten moi ben o espírito participativo do programa O Teu Xacobeo, que busca implicar a toda a poboación neste Ano Santo que acaba de arrancar, con actividades que chegarán a todo o territorio”, dixo o delegado.

“Pese a ser unha época chea de dificultades”, engadiu Arias, “a Xunta está a volcarse nesta celebración, porque esperamos que sexa un piar para a reactivación do turismo e da economía da nosa provincia e do resto da Comunidade”, concluíu.