Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Iván Díaz gaña o premio da cata de meles Serra da Carba

Por 5 Xaneiro, 2021Sin comentarios

A Asociación de apicultura vilalbesa Serra da Carba, vén de outorgar o primeiro premio do seu concurso anual a Iván Díaz, responsable da queixería Don Gabino e presidente desta mesma asociación de apicultura e que logra esta distinción por segundo ano consecutivo.

“Este pasado ano debido a situación sanitaria non puidemos facer a xornada da asociación como viñamos facendo dende que se fundou, o que si levamos a cabo foi a Cata de Meles de membros da asociación, nun principio a cata ia ser presencial, pero como coincidiu coa época de máxima afectación no Concello, a cata foi feita polo xurado na súa casa”, explicaron dende a asociación.

Nesta ocasión os catadores foron tres membros da asociación que non recolleron mel. O ano 2020 non deixou moito mel pero si de moi boa calidade. Este ano presentáronse 9 meles á cata, entre os que destacaron dous, o finalista de Dulce Barro e o primeiro premio de Iván Díaz.

Iván Díaz tamén logrou este ano o ouro para o seu quixo San Simón da Cata dos Queixos de Galicia, que se impuxo a Don Crisanto e Daniberto.