Skip to main content

Os Reis Magos estarán hoxe en Begonte para agasallar a todos os nenos e nenas do concello. Aínda que nesta ocasión non poderán percorrer as rúas do corazón da vila, veñen con máis ilusión que nunca, “xa que este foi un ano difícil para todos”, din dende o Concello, así que mudarán algunhas cuestións.

Melchor, Gaspar e Baltasar agardarán directamente no pavillón de Begonte pola visita dos nenos do Concello, que, mediante un sistema de quendas, acudirán a recoller o seu agasallo á hora indicada nas súas cartas, enviadas nos días previos á cabalgata.

Será obrigatorio o uso de máscara e o respecto da distancia de seguridade en todo momento e cumplirase estritamente o protocolo establecido no interior e exterior da instalación para facer fronte á covid-19.