Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Carapuchiña Vermella gaña o concurso de escaparates de Vilalba

Por 8 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Carapuchiña Vermella gaña o concurso de escaparates de VilalbaO Concello de Vilalba xa ten a lista de premiados na segunda edición de seu concurso de escaparates de Nadal, destacando a calidade de todos os establecementos participantes.

O primeiro premio, dotado con 600 euros, é para Carapuchiña Vermella; o segundo, de 400 euros, para Pastelería Ben; e o terceiro, de 200 euros, para Pinturas A. Rouco. O premio especial polas votacións das redes sociais é para Pastelería Ben (100 euros).

As persoas que formaron parte do xurado deste concurso, baixo a presidencia da alcaldesa, Elba Veleiro, foron Manuel Silvosa Piñeiro, en representación da Asociación de Empresarios Sete Pontes; Marisa Barreiro Mejuto, presidenta do IESCHA.; Mª Belén Varela Leal, directora do Centro Ocupacional de Vilalba Terra Chá; Carmen Hermida Cendán, locutora de radio en Cope Lugo, e Ana Belén García González, representante de Santa Compaña Produccións S.L.

O concello agradece o esforzo “dos 40 comercios participantes nesta segunda edición polos seus traballos, e a toda a xente que votou e foi ver os establecementos; grazas por mercar en Vilalba”.

Podían participar no concurso todos aqueles establecementos comerciais situados no municipio, independentemente do produto que oferten ao consumidor. O tema para desenvolver era alegórico ás Festas de Nadal e sempre combinándoo cos produtos propios do establecemento, valorándose ademais aspectos como o deseño e calidade; a combinación de cores; a orde e distribución dos productos; a orixinalidade e complexidade, e o atractivo comercial.