As Pontes vota as fiestras mellor adornadas do Nadal

As Pontes vota as fiestras mellor adornadas do Nadal As Pontes vota as fiestras mellor adornadas do Nadal As Pontes vota as fiestras mellor adornadas do NadalA concelleira de Turismo Elena López deu a coñecer hoxe os nomes das persoas premiadas no concurso de decoración de fiestras de Nadal convocado polo Concello das Pontes co obxectivo de animar á veciñanza a adornar as súas vivendas para impulsar o ambiente do Nadal no municipio.

O xurado conformado pola deseñadora de moda, Ana Belén Fernández, a deseñadora gráfica, Laura Gómez, e a deseñadora de interiores, Celia Crego, foi o responsable de realizar á valoración das 30 fiestras inscritas no concurso, tendo en conta aspectos como a orixinalidade, o deseño, a iluminación así como os materiais empregados na decoración ou o uso de enerxías renovables.

Son un total 12 premios e 10 accésits por un valor total de 4.000 euros que se entregarán en forma de vales trocables, desde o 12 de xaneiro ata o 28 de febreiro, nos establecementos de comercio e hostalería adheridos a esta iniciativa.

Elena López detallou que as persoas gañadoras na categoría + Sustentable, na que se valoraron que os adornos foran feitos a partir de materiais reutilizados ou naturais, non contaminantes ou que, no caso de requirir aporte eléctrico, se sostivesen con enerxías limpas, foron en primeiro lugar Sandra Permuy Domínguez premiada con 300 euros; o segundo premio foi para Remedios Franco Cendán, que percibirá un vale por valor de 270 euros o terceiro recaeu en María Dolores Román Chao, cun vale de 230 euros, mentres que o cuarto premio lle correspondeu a Katia Otero Freijomil quen recibirá un vale de 200 euros.

Na categoría + Pontesa premiáronse as catros fiestras que mellor reflicten as tradicións, a cultura ou a historia das Pontes resultando gañadora a fiestra de Silvia Blanco Maseda, cun vale de 300 euros, o segundo premio foi para Támara Corral Martínez, cun vale de 270 euros, o terceiro premio foi para Lucía Rego Fuentes quen recibirá un vale de 230 euros e o cuarto lugar ocupouno Alejandra Alonso López cun premio de 200 euros.

Na categoría + Bonitiña premiáronse as decoracións de fiestras que mellor transmiten o espírito tradicional do Nadal resultando gañadoras, María Vivero López quen recibirá un vale de 300 euros, Inmaculada Blanco Bouza quen acadou o segundo premio e recibirá un vale de 270 euros, María José Pico Tembrás alzouse con terceiro premio e un vale de 230 euros, e finalmente Sandra Calvo Calvo levou o cuarto premio valorado en 200 euros.

O xurado outorgou dez accésits, premiados cun vale trocable de 100 euros cada un deles a Emma Lamas Maceira, Teresa Pérez Rodríguez, Cecilia García Picallo, María Cendán Vilaboy, Laura Calvo Calvo, Iria Bellas Carballo, Juan Antonio Esteban Zubillaga, María de las Mercedes Dopico Rodríguez, Vanessa García-Valencianos Matos e María Blanco Fernández.

A concelleira de Turismo quixo dar as grazas a todas as persoas participantes nesta iniciativa “por aportar o seu gran de area para encher cada recuncho do pobo do ambiente de nadal, contribuíndo a manter a ilusión destas datas que nesta ocasión foron moi diferentes debido á situación sanitaria provocada pola covid-19”.

Tamén quixo agradecer o traballo e colaboración do xurado, aportando os seus coñecementos e bagaxe profesional de cara a próximas edicións deste concurso que tivo una excelente acollida entre a veciñanza.

Etiquetas