Skip to main content
Sin categoría

O PSOE de Castro de Rei pide inspeccións dos mananciais públicos

Por 11 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Os xocialistas de Castro de Rei avanzaron que rexistraron unha moción, que será debatida no vindeiro pleno, coa que reclaman ao Concello realizar inspeccións de salubridade nas augas dos mananciais públicos da vila e que son empregadas por toda a veciñanza. Nesta mesma proposta solicitan ademais que “estes resultados se expoñan de maneira visible ao carón de ditas fontes, a título informativo”.

O voceiro Socialista de Castro de Rei, José Luis Tellado explicou que “a traída de augas de Quintela, que subministra a 13 parroquias do Concello, lamentablemente presenta problemas na súa composición que se contaminan debido as crecidas ou mesmo o que ocorre noutras épocas do ano que presentan un nivel moi alto de arsénico. Todo isto fai recomendable que non se consuma esta auga”.

Así as cousas, remarca que “o Concello de Castro de Rei conta cunha ampla rede de fontes, que son moi utilizadas por todas as veciñas e veciños das diferentes parroquias. Por iso consideramos que se debería de ter en conta a realización de analíticas periódicas sobre a calidade das fontes tradicionais e se fagan públicas ao carón de delas, para que a veciñanza coñeza a calidade da auga. Estas analíticas permitirían coñecer cando menos orientativamente cales son os baremos da auga, é dicir que calidade de auga estamos bebendo ,e chegado o caso recomendar que non se empregase a auga dalgunha fonte para consumo humano”, advertiu.

Tellado sinala que esta moción “contribúe a mellorar e velar por unha maior seguridade alimentaria da veciñanza. Ademais, permitiría os veciños facerse unha idea da contaminación existente no municipio, axudando a concienciar contra vertidos e outras prácticas nocivas”.