A situación na comarca estabilízase pero a provincia empeora rapidamente

A provincia de Lugo segue co efecto das festas de Nadal e continúa a empeorar as súas cifras en todos os ámbitos. Os casos activos volven estar camino dos mil, situados este xoves en 945, 55 máis que nas últimas 24 horas (onte foron 80), xa que se rexistrron neste tempo 97 contaxios novos (onte foron 38) mentres que as altas chegaron ás 6.881, 43 máis que o mércores (o día anterior foron 23). As cifras ofrecen unha visión da provincia en continuo empeoramento.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 7.980 casos rexistrados e 149 persoas falecidas, trala morte dun usuario da residencia da Pastoriza.

Ademais, a presión hospitalaria segue a subir. A UCI do Hula acolle un pacientes menos (son 3) pero rexistran tres hospitalizacións máis en planta con 12 no Hula (3 máis), 14 no Hospital da Mariña e 5 no Hospital de Monforte.

COMARCA

Na comarca, A Pastoriza segue sumando casos pero de forma máis lenta, con 5 casos máis e chegar a 78 activos, a maioría no centro de maiores de Bretoña. Vilalba suma dous máis e chega a 45 e un día máis e Muras recupérase en cifras e baixa dos dez casos.

No resto de concellos a situación está controlada e mesmo en Begonte e Pol non tiveron casos novos esta quincena. A veciña As Pontes tamén segue por debaixo dos dez casos en quince días.

No resto da provincia a situación segue moi crítica en Viveiro e en Xove e se presta atención a Burela. Estabilizados pero en risco están Cervo e O Vicedo. No sur, un novo gromo por unha festa familiar mantén a atención en Monforte e Sarria, mentres Chantada sobe tamén. Lugo, contrariamente á corrente destes días, diminúe.

Etiquetas